OS DATOS DO DÍA
Mércores, 11 de Xuño de 2025
DA SOIDADE Á LEDICIA

Paulo é un neno novo no colexio.

 

          Nos primeiros días sentíase só e case non tiña amigos, mais el ía ledo ao colexio pois sabía que a súa mestra o axudaba día a día a superar aqueles primeiros momentos.

 

          Pouco a pouco foi coñecendo os seus novos compañeiros.

          Na clase traballaba cada vez mellor, baixo a atenta ollada da súa mestra.

          Hoxe Paulo séntese satisfeito no seu novo colexio e lembra con agarimo todas as cousas que vai aprendendo e o moito que a súa profesora e os seus compañeiros o axudaron.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que facemos nós para que un novo compañeiro se sinta ben?

Cales son as nosas mellores lembranzas neste curso que remata?

ORACIÓN

Graciñas, noso Pai do Ceo,

por todos os nosos mestres,

que día a día veñen ao colexio

e nos axudan a traballar.

Graciñas, noso Pai do Ceo,

por canto fixeron durante este curso

para aprendernos moitas cousas.

Graciñas, noso pai do Ceo,

polo seu esforzo para que sexamos bos.

Bendí, noso Pai do Ceo,

a todos os mestres do noso colexio.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!