OS DATOS DO DÍA
Luns, 9 de Xuño de 2025
DÍA DE EUROPA (9-VI)

O Tratado de Roma do 25 de marzo de 1957 creou a Comunidade Económica Europea (C.E.E.), orixe da actual Unión Europea.

Actualmente está formada por 15 estados: Alemaña, Bélxica, Dinamarca, España, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Austria, Suecia e Finlandia. Hai varios en vías de adhesión.

 

Os obxectivos da Unión Europea son:

- Establecer unha unión cada vez máis estreita entre os pobos europeos.

- Garantir, mediante unha acción común, o progreso económico e social, eliminando as barreiras que dividen Europa.

- Favorece-las melloras de vida e emprego.

- Salvagarda-la paz e a liberdade.

A lexislación lévaa a cabo o Parlamento Europeo, con sedes en Bruxelas e Estrasburgo.

 

Cada vez son máis numerosos os asuntos que sobrepasan a iniciativa exclusiva dun país. A vida moderna supera as fronteiras das nacións e require que os problemas do home se solucionen de acordo cos mesmos dereitos e principios en cada estado.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que importancia pensas ti que ten que España pertenza á Unión Europea? 

Como podemos estreitar máis os lazos de unión cos países que integran a UE?               

Que obrigas témo-los europeos cos países do terceiro mundo?

ORACIÓN

Todos xuntos, coas mans unidas,

Guiados pola forza do amor,

Cruzarémo-las montañas e os outeiros

E faremos que brille un novo sol,

Ollaremos máis estrelas lumieiras,

Sentiremos que connosco está o señor.

Se queres camiñar sendo ti mesmo,

non te ates con cadeas para andar,

libérate de todo o que escraviza,

de todo o que non te deixa pensar.

Se ves alguén que sofre no camiño,

ten fame ou ten sede ou queda atrás,

non pares ata que siga contigo,

que todos xuntos temos que chegar.

Todos xuntos, coas mans unidas...

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!