OS DATOS DO DÍA
Martes, 10 de Xuño de 2025
O EGOÍSMO DOS RICOS E A DEPENDENCIA DOS PAÍSES POBRES
M I S I Ó N S L A S A L I A N A S

O presidente de Costa de Marfil, Félix Houphouet-Boigny, negouse a acepta-los prezos que o mercado internacional fixara para o cacao deste país africano. O cacao constitúe o 80% dos ingresos no volume total das súas exportacións.

A cotización deste producto, marcada polos países do Norte, caeu en picado desde 1977.

Costa de Marfil considera que o prezo de 175 pts. por quilo de cacao é baixo. Así, calculando as necesidades do mercado, o estatista marfileño asegurou que a baixa do prezo non se debe a un excedente de producción senón, á especulación de Londres, Nova York e París.

De momento un tercio da producción de cacao de Costa de Marfil xa se vendeu a 225 pts o quilo, é dicir, 50 pts. máis có prezo fixado polo mercado internacional.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Como utilíza-los teus cartos, o teu tempo e as túas cousas?

En que feitos concretos compartiches algún dos aspectos anteriores?

Que compartes coa xente pobre  do Terceiro Mundo?                     

ORACIÓN

Señor, no mundo hai moitas necesidades

e inxustizas que nos están interrogando

e non nos deixan tranquilos

na nosa comodidade e abundancia.

A través delas, queremos descubrirte,

verte e atoparte, pois estás a carón do pobre.

Ti pós todo da túa parte,

para move-lo corazón do home

ante tales necesidades e inxustizas;

mais ás veces facemos oídos xordos.

Non deixes que nos conformemos,

non permitas que durmamos tranquilos.

Ti agárdanos, e é aí onde debemos buscarte.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!