OS DATOS DO DÍA
Mércores, 11 de Xuño de 2025
ESTAR COS MÁIS POBRES
M I S I Ó N S L A S A L I A N A S

Son o irmán Eladio, o verán de 1989 tiven a sorte de poder ir a Guinea Ecuatorial e compartir cos pobres o que vivo e o que son. Fun con outras 120 persoas relixiosas e seglares que decidiron comparti-lo verán cos máis necesitados.

A nosa tarefa no poboado pode resumirse en dúas palabras: catequese e escola. Coa escola, que foi o que máis tempo nos levou, tódolos días, incluso o sábado, dende as 6:30 ata as 2 da tarde. Ensinabámoslle cousas prácticas: ler, as catro operacións, hixiene, construcción de mananciais...Con iso intentabamos liberalos da maior das enfermidades: a ignorancia.

Co Evanxeo procurabamos comparti-la nosa fe en Xesús, o verdadeiro motor das nosas accións e o causante da nosa presencia naquelas terras. Compartir con eles a nosa certeza de que Xesús segue vivo, salvándonos e liberándonos do que nos ata. Para isto, ademais da clase de relixión, tiñamos reunións con matrimonios, coa mocidade para preparalos á confirmación...

Este foi o noso labor en Guinea, onde experimentei a ledicia de darme gratuítamente, a felicidade de carecer de moitas cousas e o estar cercano dos máis pobres.

 

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Como vas resolvendo as dificultades e problemas que se presentan na túa vida?

Se tiveses que participar nun destes proxectos de verán, en que tarefa te atoparías máis seguro e ledo?

ORACIÓN

Todos formamos un só corpo,

porque todos temos un mesmo pan.

Todos somos un pouco de Cristo,

somos gran de trigo do Cristo total.

Un mesmo corpo e unha mesma vida.

Un mesmo comprender e perdoar.

Unha mesma presencia peregrina,

unha mesma fe en que o Señor volverá

Un mesmo encargo para todos:

amar co amor que El nos deixou.

Unha mesma moeda para a viaxe:

a fe cega na súa resurrección

Un mesmo empeño que El nos inculca:

servi-los demais e compartir.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!