OS DATOS DO DÍA
Xoves, 12 de Xuño de 2025
A MULLER ALIMENTA O MUNDO
M I S I Ó N S L A S A L I A N A S

As mulleres representan máis do 50% da poboación e, en troques, non reciben máis da décima parte da renda mundial e posúen, soamente, un 1% da propiedade mundial.

Os 2/3 das horas traballadas no terceiro mundo son feitas por mulleres. Elas producen o 50% dos alimentos que se consomen na Terra.

Nas zonas rurais de África, a muller representa entre o 60% e o 80% da man de obra. Entre moitas cousas, encárgase da producción, elaboración, almacenamento e comercialización dos productos do campo.

O 25% das familias do Terceiro Mundo dependen totalmente dos ingresos da muller.

Traballando igual có home, as súas ganancias son inferiores. Tampouco se lle dá ningunha facilidade para obter cretos co fin de mellora-la productividade ou as condicións de traballo.

A muller cultiva aquilo que é necesario para mante-la familia e isto non se considerou aínda como unha actividade de producción a nivel de mercado.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Nas persoas, que aspectos valoras máis e por que?

Ante as persoas doutro sexo, como te sitúas?: aproveitaste delas?, respéctalas?

ORACIÓN

María, ensínanos a aledarnos

coas marabillas de Deus.

Que ó pensar en Xesús sorriamos,

que o noso corazón estea sempre en festa

e comuniquemos alegría ós que nos rodean

 

Hoxe queremos pedirche a Ti,

muller da súa casa, acolledora,

traballadora incansable e dilixente,

polas nosas nais, que con agarimo

coidan de nós e das nosas familias,

e especialmente polas mulleres

do terceiro mundo, que soportan sempre

a peor parte nos traballos e nas situacións

de miseria, fame, violencia e guerra.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!