OS DATOS DO DÍA
Mércores, 11 de Xuño de 2025
DESCUBRIR ALGO NOVO
F I NAL D E C U R S O - VACACIÓNS

"Din que a enfermidade do verán é o aburrimento. Eu témome que sexa máis ben a do verán, a do inverno, do outono e a da primavera".

Xa o di o arcebispo de Valladolid: "Parece que xamais houbo tantas diversións e posibilidades de alcanzalas, e sen embargo, xamais houbo tanta xente aburrida, incluso entre a mesma mocidade".

Outro autor, contemporáneo noso, afirma: "O importante é o alto número de coetáneos nosos que viven segundo estas coordenadas. Ninguén me quere. Eu non quero a ninguén. As cousas que desexo non as podo acadar ou o que acado está baleiro por dentro. Non me sinto chamado a nada importante que me poida encher".

Martín Descalzo segue afirmando: "O máis gracioso do asunto é que, ben pensadas as cousas, resulta incomprensible que o ser humano se aburra. Estamos convencidos que por moito que corramos en vivir, nunca esgotaremos nin o dez por cento do que a vida nos ofrece. Non leremos nin o un por cento dos libros interesantes. Non veremos nin o un por cento das paisaxes que merecen ser visitadas...)E aínda así temos tempo para aburrirnos?"

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Pensas que o teu tempo é para enchelo de algo que pague a pena? )Ou vas estar bocexando durante todo o verán?

Prográmate algo útil: a natureza, o coleccionismo, aprender unha lingua, ampliar o teu círculo de amigos de verdade, coñecer outras culturas,... )Vas facendo os teus planos?

ORACIÓN

Señor, dámosche gracias polas persoas

que traballan pola paz e a concordia

e constrúen un mundo máis feliz.

Vemos ás veces homes e mulleres

que se sacrifican polos que sofren,

que loitan contra o mal,

que sorrín ós que teñen medo

e infunden alento e esperanza ós febles.

Ensínanos a amar, a loitar, a sorrir,

a ser quen de facer algo polos demais,

de dárlle-lo noso tempo e a nosa persoa

para que chegue a todos a paz e a amizade,

para que floreza a ilusión e a esperanza

no corazón de tódolos teus fillos

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!