OS DATOS DO DÍA
Xoves, 12 de Xuño de 2025
VIVIR PARA OUTROS
F I NAL D E C U R S O - VACACIÓNS

"Padre, veña comigo. Xunto á miña casa un home intentou suicidarse. Non está morto aínda..."

O que así se dirixía ó Abbé Pierre, era un xove dun grupo da Xuventude Obreira Cristiá. O suicida era un expresidiario.

Acaba de cumprir unha condena de vinte anos por mata-lo seu pai, e saía agora do cárcere. Sen amigos, sen familia, sen diñeiro... escollera como mellor solución o suicidio.

O cura non lle dixo o de sempre: "Voute axudar, non fagas iso...", senón todo o contrario: "Non podo darche absolutamente nada; traballo polas noites coas nais abandonadas, pola xente sen teito, polos nenos enfermos. Eu tamén estou moi enfermo e non podo máis. )Queres botarme ti unha man? Antes de matarte, )podemos entre os dous facer algo por esta xente que nos espera?"

Aquel home non morreu. Non se pode morrer cando aínda queda moito por facer, cando os demais seguen reclamando a nosa axuda. Foi o punto de partida das Comunidades de Trapeiros de Emaús, dedicados a recoller trapos vellos, ferros, etc. para vendelos e axudar así á xente que non ten nada.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Aínda que teñas reveses nos estudios, na casa ou cos teus amigos... Non cres que a túa vida vale moito máis cando pensas nos outros?

Descubriches ó longo do curso que non debes vivir soamente para ti? Proxectas algo neste senso para o verán?

ORACIÓN

O noso Deus é a sorpresa e o asombro:

decide vesti-la nosa arxila humilde

e pisa-lo barro da historia humana.

Xesto do noso Deus amoroso,

Emmanuel: Deus connosco.

Convive coa xente que loita,

é o Deus que ergue ó abatido,

que reserva posto ós últimos,

que presta a súa voz ó oprimid,

que di: non vin para ser servido,

senón para servir e dala miña vida.

Deus quixo vesti-la dor de cada un

para que poñendo de festa a nosa vida

proclamémo-la gloria do seu Amor. 

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!