OS DATOS DO DÍA
Martes, 16 de Setembro de 2025
noso amigo Xesús

Hoxe, quérovos falar do noso amigo Xesús.
Sobre Xesús sabemos o que nos deixaron escrito os seus amigos. Xa sabes que o libro onde está escrita a vida de Xesús chámase Evanxeo. Ben, non é un, senón catro libros, que contan no fondo o mesmo, aínda que de maneira diversa. Os amigos de Xesús que escribiron os catro evanxeos foron: Mateo, Lucas, Marcos e Xoán.
Nos evanxeos case non se conta nada de Xesús cando era neno ou mozo. Canto nos gustaría saber que faría no seu tempo libre ou que afeccións tiña! Ou se se enfadaba algunha vez coa súa nai María. Pero nada disto temos. O único que nos contan os evanxeos sobre a infancia de Xesús, foi o seu nacemento e unha vez que se perdeu no templo cando tiña 12 anos.
Isto faime pensar, que é moi importante a vida das persoas cando somos pequenos.
Fíxate, Xesús estivo 30 anos case sen saír da súa vila, facendo as cousas que facían os demais, vivindo na casa con Xosé́ e María, sendo bo fillo. Seguramente, aprendería moito dos maiores, e aprendería a distinguir o que está ben do que é malo. Tamén, na tranquilidade de Nazaré, aprendeu a falar con Deus, ata coñecelo tan ben, que se atreveu a chamalo Papá.
En fin, amigos, grazas á vida calada e atenta de Xesús durante 30 anos, conseguiu por fin, saír da casa, e facer felices a tantas persoas, curándoas e levándolles a esperanza no nome de Deus, que nunca nos abandona e nos quere coma un tolo.
Despois disto, anímote a que deas moita importancia ao día de hoxe, e a todo o que vaias facer este ano. O que aprendas, o interese que poñas, os amigos que fagas, axudaranche moito o dia de mañá.
Imos pedir a Papá Deus que nos faga crecer ben, sans, agarimosos e felices.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que ideas máis importantes podemos resaltar da lectura?
Que che parece a vida de Xesús?

ORACIÓN

Cada día estou máis grande e iso ponme feliz e contento. Estou a crecer, estou máis alto, máis grande.

Axúdame a crecer tamén no corazón. Que cada dia sexa máis bo, que o teu amor me
encha por dentro ata que contaxie aos que me rodean.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!