OS DATOS DO DÍA
Mércores, 17 de Setembro de 2025
Seguimos coñecendo a La Salle

Imos intentar coñecer un pouquiño máis, a vida de Juan Bautista da Sáelle.
En Reims, unha cidade de Francia, hai moitos anos, en 1651, comeza a historia de Xoán Bautista de La Salle. Nace nunha das principais familias da cidade. O seu pai era Conselleiro do Rei.
Xoán Bautista é o maior de sete irmáns. Todos na súa familia se querían moito.
Xoán Bautista pode estudar porque a súa familia é rica. Xoán Bautista é bastante
espelido, e gústalle moito aprender. Pero, non todo é estudar; gústalle o xogo, os amigos, a lectura... todo iso ocúpalle boa parte do seu tempo libre.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

 Quen me conta algunha idea sobre Xoán Bautista que escoitamos agora mesmo?
 Xoán Bautista de La Salle era un neno normal? Por qué?
 Que lle podemos pedir ao comezar este día de clase?

ORACIÓN

Amigo Xesús, grazas porque nos regalaches un novo dia.
Grazas, porque temos compañeiros cos que compartir o felices que somos.
Axúdanos, Xesús, a esforzarnos no día de hoxe e a comportarnos ben. Grazas Xesús.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!