OS DATOS DO DÍA
Martes, 16 de Setembro de 2025
DÁS IMPORTANCIA Á TÚA EDUCACIÓN?

Ocorre nun museo. Uns visitantes observan unha estatua onde a couza comezou a facer estragos. O guía explícalles como sucedeu todo: Esta escultura tan fermosa, di, permaneceu tapada durante moito tempo. Un groso tabique de cal e canto ocultouna das miradas do público. Parece que se tratou de salvala dunha invasión antirrelixiosa.

Pasou moito tempo así ata que comezaron a pica‑las paredes; botáronse abaixo os caliches que afean a igrexa e ponse ó descuberto o seu antigo esplendor. Encóntranse durante os traballos indicios dunha hornacina. A curiosidade failles que a descubran e observan que dentro hai unha fermosa imaxe da Virxe, a mesma que vostedes están a ver agora, pero que está condenada á morte polo mal da couza que garda nas súas entrañas.

Un niño de larvas atopábase no seu interior aparentemente durmidas; faltóulle-lo aire suficiente para reproducirse mentres estivo a estatua oculta; pero, ó rompe-lo tabique acelerouse o mal que tiña: espertou o que tan só durmía.

A talla está aí. O visitante só pode aprecia-lo que queda dela. O que onte foi unha xoia da arte hoxe é só milleiros e milleiros de buraquiños onde se atopan as devoradoras larvas.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

En cada persoa aniñan desexos, pensamentos e ideas que poden facer del un santo ou un criminal se se levan a efecto.

Coñeces ben o que es e o que queres?

Pensas que a educación te pode axudar a que en ti aniñen cousas boas que agora e máis tarde poden facer que sexas persoa equilibrada e sensata?

 
ORACIÓN

Tómame, Señor, con todo o que son,

con todo o que fago, teño, penso, vivo.

Todo cho presento.

 

Non me importa ofrecerche

as miñas mans encalecidas

polo traballo de cada día,

ou a miña cabeza cansa

polos estudios do día.

 

Ti, déchesme todo, a ti devólvocho todo:

con isto non fago senón

agradecerche o teu amor,

a semente de acción que puxeches en min.

Gracias, Señor.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!