OS DATOS DO DÍA
Mércores, 17 de Setembro de 2025
ONDE BUSCO A LEDICIA?

O sannyasi chegara ás aforas da aldea e acampou ó pé dunha árbore para pasa‑la noite. De súpeto chegou correndo ata el un habitante da aldea e díxolle: "A pedra! A pedra! Dáme a pedra preciosa!"Que pedra?", preguntou o sannyasi.

"A outra noite aparecéuseme en soños o señor Shiva -dixo o aldeán- e aseguroume que se viña ó anoitecer ás aforas da aldea, atoparía a un sannyasi que me daría unha pedra preciosa e faríame rico para sempre".

O sannyasi rebuscou na súa bolsa e quitou unha pedra. "Probablemente referíase a esta -dixo, mentres entregaba a pedra ó aldeán-. "Encontreina nun camiño da fraga fai uns días. Por suposto que podes quedar con ela". O home quedou pampo mirando a pedra. (Era un diamante! Tal vez o maior diamante do mundo, pois era tan grande coma a man dun home.

Tomou o diamante e marchou. Pasou a noite dando voltas na cama, totalmente incapaz de durmir. O día seguinte, ó amencer, foi espertar ó sannyasi e díxolle: -"Dáme a riqueza que che permite desprenderte con tanta facilidade do diamante".

Con frecuencia buscámo‑la ledicia nas cousas materiais. Pensamos que, cando teñamos moitos cartos, por exemplo, seremos moi felices.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que é o que che produce maior felicidade na vida?

Búsca-la ledicia nas cousas materiais ou ben noutros valores importantes para o home?

 
ORACIÓN

Meu Deus, axúdame, ilumina o meu camiño,

fortalece a miña alma, guíame no camiñar.

Aínda que me desvíe do teu sendeiro

non te arredes xamais de min;

sé sempre a miña sombra, o meu outro eu.

 

Sé alimento da miña vida,

luz da miña sombra,

AMIGO para a miña soidade

e camiño dos meus pasos.

 

Ven sempre comigo;

enche a miña vida do teu amor.

Sen ti nada son, sen ti nada teño:

axúdame a vivir segundo a túa vontade.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!