OS DATOS DO DÍA
Xoves, 18 de Setembro de 2025
A FELICIDADE ESTÁ PRETO DE TI

"Vostede perdoe -díxolle un peixe a outro- é vostede máis vello e con máis experiencia ca min e probablemente poderá vostede axudarme.

Dígame: )Onde podo atopar iso que chaman Océano?

Estiven buscándoo por todas partes, sen resultado".

"O Océano -respondeulle o vello peixe- é onde te atopas agora mesmo".

"Isto? Pero se isto non é máis que auga...

O que eu busco é o Océano" -replicou o xove peixe, totalmente decepcionado, mentres marchaba nadando a buscar noutra parte.

Moitas veces buscámo-las cousas que desexamos fóra do lugar onde se atopan.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Onde pos ti o sentido da túa vida?

Pensas que a posesión de cousas materiais pode darche a felicidade?

Intentas atopa-lo senso do que fas tódolos días ou búsca-lo senso fóra de ti?

ORACIÓN

Ti, Señor, estás no comezo

e no final da historia de cada persoa.

Fai que nos encamiñemos cara a Ti

cara á construcción do noso ser

na terra como verdadeiras persoas.

 

Ás veces desviámonos

do que ti queres para nós;

ás veces quedámonos

nas cousas máis superficiais;

ás veces non temos ilusión por nada.

 

Axúdanos a cambiar todo isto dende a raíz.

Queremos encontrarnos contigo

e da-la nosa man fraternal

a cantos atopamos no noso camiñar,

así acadaremos un estilo novo de vida.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!