OS DATOS DO DÍA
Venres, 19 de Setembro de 2025
SAN MATEU (21-IX)

Xesús o amigo pasaba polas rúas de Cafarnaum cando viu a un home de nariz aquilino contando moedas; era un recadador de impostos, amigo dos romanos...; dende a rúa oíase o repenique dos dourados denarios: "Un para o templo, outro para o César, e estoutro.... este para min".

Aínda que o dicía moi baixiño todo o mundo sabía que Mateu se quedaba con parte dos impostos e que pouco a pouco íase facendo máis rico. Pero Xesús acercóuselle e ofreceulle a súa amizade, o mellor tesouro. Mateu deixouno todo e pasou anos máis tarde a "contar" quen era Xesús, deixando de "contar os seus tesouros".

Grazas a el sabemos moitas cousas de Xesús: a súa infancia, a súa familia, as súas palabras e feitos...No Evanxeo de Mateu, Xesús preséntase como a Boa Nova para todos os que confiaron en que Deus enviaría o Mesías.

Mateu lémbranos que debemos ser "evanxelistas", é dicir: contarlles aos demais que é Xesús para nós.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que é para ti o Evanxeo? Acostumas ler o Evanxeo con frecuencia?

Cando te atreves a contar aos demais quen é Xesús?

ORACIÓN

Evanxeo é dicir amigo,

é dicir irmán,

Evanxeo é darche o meu tempo,

é darche a miña man.

 

Evanxeo é dicir: "ámote",

ao teu inimigo,

é compartir a súa mágoa,

é levar a Cristo.

 

Queremos, Señor, actuar e vivir

de acordo co teu Evanxeo.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!