OS DATOS DO DÍA
Luns, 1 de Decembro de 2025
O VALOR DA LIBERDADE

O Conde Lucanor estaba moi preocupado porque moita xente o criticaba polas
cousas que facía ou deixaba de facer. Entón, Patronio coméntalle a importancia
de facer cousas sen ter en conta o que digan, mediante este conto.
Un campesiño honrado tiña un fillo que se queixaba moito, só vía no seu pai as
cousas negativas que facía. Un día o pai decide darlle unha lección.
Así que certa mañá decide ir ao mercado co seu fillo e un burro. Algunhas
persoas ao velos criticárono porque eles ían andando e o burro baleiro. Ao oír
isto dille ao seu fillo que se monte el, cousa que o fillo fixo inmediatamente.
Entón, outro grupo de persoas criticaron o fillo por deixar o seu ancián pai
andando. Ao oír isto deciden cambiar, agora o pai era o que estaba no lombo do
burro, cousa que outro grupo de persoas tampouco viu ben. Deste xeito, o pai
ensinoulle ao fillo que é imposible satisfacer a todo o mundo.

A ensinanza seria que o importante é facer o que conveña. Que case nunca
faremos cousas que a todo o mundo lle parezan ben. Que non se teña medo do
que diga ou pense a xente. Que hai que buscar axuda e consello das persoas de
confianza: familia e amigos.
O conto termina con estes pareados: “Por medo á critica non deixes de facer o
que máis convén ao teu parecer”.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Entendiches a ensinanza da reflexión?
Podes explicala coas túas palabras?
Sucedeunos algunha vez algo parecido?

ORACIÓN

Amigo Xesús, grazas porque nos ensinas a tomar decisións; grazas porque os
nosos profesores, pais... nos ensinan a tomalas.
Axúdanos a non deixarnos levar polo impulso, polo fácil.
Axúdanos a esforzarnos. Grazas Xesús.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!