OS DATOS DO DÍA
Martes, 2 de Decembro de 2025
COLEGIO LA SALLE TALAVERA

Bos días a todos. É martes, e todos os martes dedicamos a reflexión da mañá a
temas lasalianos. Hoxe vouvos a presentar un colexio ao que teño especial
cariño, trátase de LA SALLE TALAVERA DE LA REINA.
Pois si, chámase así, porque está situado nunha cidade toledana que se chama
TALAVERA DE LA REINA, a uns 100 km de Madrid. En realidade o seu nome
non é ese, chámase LA SALLE – JOAQUINA SANTANDER, e
preguntarédesvos, por que? Pois moi sinxelo, porque a persoa que chamou os
Irmáns para que abrisen o Colexio en Talavera foi esta señora, Dona Joaquina
Santander. Este Colexio foi fundado arredor de 1950 e comezou sendo unha
pequena escola ao servizo de todos os nenos e nenas desta cidade. Neste
Colexio actualmente estudan alumnos desde os 3 anos ata os 16 anos. Hai un
grupo de profesores e Irmáns que animan a vida deste Centro e todos se senten
moi felices. Pois nada, convídote a que cando pases por Talavera de la Reina,
visites este Colexio. Feliz día.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Oíras falar deste Colexio? Por qué cres que Dona Joaquina Santander chamaría
os Irmáns para fundar o Colexio?
Que che chamou a atención do escoitado?

ORACIÓN

Amigo Xesús, dámosche grazas por Xoán Bautista de La Salle e por todos os
colexios que hai repartidos polo mundo. Grazas polos Irmáns, polos profesores,
polos alumnos e as familias. Todos xuntos formamos a gran familia de La Salle.
Grazas Xesús.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!