OS DATOS DO DÍA
Mércores, 3 de Decembro de 2025
A LEOA

Os cazadores, armados de lanzas, achegábanse silandeiramente. A leoa, que
estaba a aleitar ás súas crías, sentiu o cheiro e advertiu deseguido o perigo.
Pero xa era demasiado tarde: os cazadores estaban ante ela, dispostos a
ferila. Á vista daquelas armas, a leoa, aterrada, quixo escapar. E de súpeto
pensou que as súas crías quedarían entón a mercé dos cazadores.
Decidida a todo por defendelos, baixou a mirada para non ver as
ameazadoras puntas daqueles ferros e, dando un salto desesperado, lanzouse
sobre eles, poñéndoos en fuga. A súa extraordinaria coraxe a salvouna a ela e
salvou os seus pequenos. Porque nada hai imposible cando o amor guía as
accións.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que nos pode ensinar esta fábula?
Cando facemos as cousas con agarimo e amor: temos que ter medo?

ORACIÓN

Dános forza para saber manifestalo a todos os que nos rodean.
Que nos nosos traballos, poñamos amor.
Que nos servizos que fagamos, poñamos amor.
Que se nos piden algo, fagámolo con amor.
Que grande agasallo Xesús, o amor. Grazas polo amor.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!