OS DATOS DO DÍA
Xoves, 4 de Decembro de 2025
MAARÍA, A NAI DE XESÚS

Ola amigos, unha nova mañá que comezamos xuntos. Espero que pasedes un día
moi feliz. Hoxe na reflexión da mañá imos lembrar a MARÍA.
Nestes días celebramos ou imos celebrar a súa festa. María, a Nai de Xesús, foi
a que como unha boa nai, ensinou a Xesús a ser unha gran persoa, a crecer, a
aprender, a respectar os que o rodeaban. Pero antes de que Xesús nacese, María
tamén soubo coidarse para ter a Xesús; aínda que encontrou dificultades e non
todo foi fácil. Hoxe dámoslle as grazas a María por ser a Nai de Xesús e por
ensinarnos como debemos quererlle, igual que unha nai quere o seu fillo.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que sabemos de María?
Como imaxinámonos a María?

ORACIÓN

Convídovos a pedirlle a María que nos acompañe no traballo deste día. Ímosllo
a pedir rezando a AVE MARÍA: Ave María, chea de graza, o Señor está
contigo, bendita es ti entre todas as mulleres e bendito é o froito do ten ventre,
Xesús. Santa María, Nai de Deus, roga por nós, pecadores, agora e na hora da
nosa morte. Amén.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!