OS DATOS DO DÍA
Luns, 1 de Decembro de 2025
NON O BUSQUES ONDE NON ESTÁ

Un veciño encontrou a Nasruddin cando este andaba buscando algo de xeonllos. 

- "Que andas a buscar?"

- "A miña chave. Perdina". 

E axeonllados os dous puxéronse a buscar a chave perdida. Ao cabo dun pouco dixo o veciño: 

- "Onde a puxeches?" 

- "Na casa".

- "Santo Deus! Entón, por que a buscas aquí?" 

- "Porque aquí hai máis luz".

De que serve proclamar a chegada de Xesús se non a deixamos entrar no noso corazón? De que serve poñer un belén nas casas, no colexio, nas igrexas... Se a Xesús non o deixamos entrar nos nosos fogares? De que serve buscar a Deus onde non se atopa: no consumo, nos regalos, na propaganda... se el non nace aí, senón nos homes que nos necesitan?

De tanto idealizar o Nadal coma o tempo da alegría e a felicidade, dos sorrisos de carteis a toda cor, e dos anuncios máis caros do ano, botamos a perder o Nadal.

Busca a Xesús onde se atopa, non onde che conveña.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Como entendes esta frase do Evanxeo: "O que fagades a un destes meus irmáns máis pequenos a min mo facedes"?

* Deixas que a solidariedade penetre no teu corazón polo menos durante este Nadal?

ORACIÓN

Señor, queremos seguir o teu camiño, 

pero puxemos tantas cousas 

nos noso ombreiros,

que non nos deixan camiñar.


Somos coma o caracol:

queremos ser os teus seguidores

levando ás costas todas as nosas cousas.

Pero ti falaches claro:


"Onde está o teu tesouro, 

alí está o teu corazón".

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!