OS DATOS DO DÍA
Martes, 2 de Decembro de 2025
ORACIÓN POLA PAZ

A violencia é coma un fenómeno que "ameaza a propia vida humana", a tronza e a destrúe. O vivir en violencia significa negar a vida humana dende a harmonía, e o non gozar coas cousas importantes: a amizade, a convivencia, o valorar a creación.

Dicir “non á violencia, é dicir si á paz. Se desexas a paz, defende a vida".

Se evitas no teu grupo de amigos as liortas, as pelexas que crean barreiras e tratas de crear lazos de unión, sentirás que estás colaborando, facendo posible a paz; realizando isto pódeste sentir solidario con todos aqueles que loitan pola paz no mundo, cos que din non á violencia, ás guerras...

“Ditosos os que traballan pola paz porque eles serán chamados fillos de Deus”. (Mt 5, 9)

San Paulo recorda aos cristiáns de Roma que “o Reino de Deus non é comida nin bebida, senón xustiza, paz e alegría no Espírito Santo”. (Rm 14, 17)

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

 Procuras transmitir paz aos que te rodean?

 Ou pola contra, favoreces a desunión e a violencia? ¿Cando?

ORACIÓN

Oh Señor, escólleme, para facer de min

un pregoeiro cotián dos froitos da túa paz.

Alí onde haxa odio, poña eu o amor,

alí onde haxa ofensa, poña o teu perdón.

Onde hai liortas, poña eu entendemento,

alí onde haxa dúbida, poña a luz da túa fe.

Alí onde haxa un erro, poña eu a verdade,

onde hai desespero, poña eu esperanza.

Onde haxa tristura, poña eu a ledicia.

alí onde haxa tebras, poña a túa luz.


Fai, Señor, que non busque ser consolado,

senón consolar;

ser compadecido, senón compadecer;

ser amado, senón amar.

Porque o que dá, é quen recibe;

o que perdoa, quen é perdoado;

o que morre a si mesmo,

quen resucitará para a vida eterna. AMÉN.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!