OS DATOS DO DÍA
Mércores, 3 de Decembro de 2025
SEGUEN SEN POUSADA

Nun cantiño perdido dunha páxina do xornal, apareceu este titular: "Un nixeriano morreu esta noite nas rúas de Madrid, debido á onda de frío que estamos a padecer". Non aparecía o seu nome, nin a súa idade, nin o seu traballo... Simplemente era "un nixeriano".

Cando morreu Chu-lín, o osiño panda do zoo de Madrid, ríos de tinta correron por toda a prensa nacional. Semella que nos importa máis a vida do osiño cá do nixeriano.

Non é sorprendente? Chegamos ao máximo da deshumanización. Que alguén morra de frío nas rúas é alarmante; pero máis alarmante é que o saibamos e sigamos tan tranquilos.

Por favor, cando se achegan as festas do Nadal, pensa nas moitas persoas que, como María e Xosé, non teñen pousada. Se queremos vivir o Nadal con senso cristián, é a eles a quen temos que achegarnos.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Cal é a noticia, das que liches ultimamente, que máis che chamou a atención? ¿Por que?

* É posible ser cristián sen preocuparnos de quen nos necesita?

ORACIÓN

L. Señor, ¿onde te atopas?

T. En quen sofre o frío.

L. Señor, ¿onde te atopas?

T. En quen pasa fame.


L. Señor, ¿onde te atopas?

T. En quen se sente só.

L. Señor, ¿como podemos atoparte?

T. Se me buscas, en calquera parte.

   Estou ao teu carón, en quen sofre,

   en quen carece do imprescindible,

   en quen o pasa mal. 

   Non tes máis que abrir os ollos 

   para te decatar da miña presenza.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!