OS DATOS DO DÍA
Luns, 15 de Decembro de 2025
O CEDRO VAIDOSO

Érase unha vez un cedro satisfeito da súa fermosura. Plantado na metade do
xardín, superaba a todas as demais árbores. Tan belamente dispostas estaban as
súas ramas, que parecía un xigantesco candelabro. ‐Se co fermoso que son dese
ademais froitos ‐díxose‐, ningunha árbore do mundo podería compararse
comigo. E decidiu observar as outras árbores e facer o mesmo ca elas. Por fin,
no alto da súa ergueita crista, apuntou un belísimo froito. ‐Terei que
alimentalo ben para que creza moito ‐díxose. Tanto e tanto creceu aquel froito,
que se fixo demasiado grande. A copa do cedro, non podendo sostelo, foise
dobrando e cando o froito madurou, a copa que era o orgullo e a gloria da
árbore, empezou a bambearse ata que se tronzou pesadamente.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que ensinanza podemos aprender da fábula de hoxe? Sabedes o que é a
ambición? Cando dicimos que unha persoa é moi ambiciosa, que queremos
dicir?

ORACIÓN

Amigo Xesús, dános forza para crecer, para aprender, para sentirnos felices cos
nosos amigos e compañeiros.
Axúdanos tamén a non querer ser os mellores á conta de todo, que nos sintamos
satisfeitos co que temos, e que sexamos felices con iso para que non nos pase o
que ao cedro. Grazas Xesús.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!