OS DATOS DO DÍA
Martes, 16 de Decembro de 2025
DESCÚBREO

A profesora comezou o día dicindo aos nenos que ían facer un descubrimento
moi importante no día de hoxe, pero que para iso necesitaban estar moi
atentos. Fixeron varios xogos por parellas: a carretilla, o cabaliño, pasárono
fenomenal, e o que era mellor, cada vez gañaba unha parella diferente.
Cando terminaron os xogos a profesora pregúntolleś que tiñan descuberto:
uns dixeron que xogar era divertido, outros que xogando se cansaran, ata que
Irene levantó a man e dixo: “Eu descubrín que para xogar necesito a outro
compañeiro, e que non podo facer a carretilla ou o cabaliño eu soa”. Moi
ben, díxolle a profesora: “Ese era o descubrimento que estaba a esperar”.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Comenta momentos no colexio nos que necesitamos os compañeiros.

ORACIÓN

Grazas Señor porque somos capaces de descubrir moitas cousas. E neste
curso dásnos a posibilidade de aprender cousas novas e interesantes.
Axúdanos a esforzarnos e a estar atentos ao que os profesores nos ensinan.
Amén

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!