OS DATOS DO DÍA
Mércores, 17 de Decembro de 2025
QUE É A FELICIDADE

Ola amigas e amigos: Que tal estades? Hoxe gustaríame empezar a reflexión
lanzando unha pregunta... Que é a felicidade?... O vídeo de hoxe dávos
algunhas pistas... E a ti, que te fai feliz? Como di o vídeo, é importante
coñecernos a nós mesmos para saber que é o que nos gusta e nos fai ser
felices. E sería precioso que atopemos a felicidade facendo felices os
demais.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Ola nenos, son San Xoán Bautista de La Salle!! Eu xa non estou convosco,
pero desde o ceo, gústame vervos todas as mañás na asemblea, cando
compartides as cousas, cando xogades cos amigos, ver que o pasades ben no
colexio que eu fixen para vós e outros nenos que están noutros lugares.

ORACIÓN

Querido Deus: Ti que nos queres tanto e que somos fillos teus, axúdanos a
descubrir a felicidade facendo felices os demais. Amén.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!