OS DATOS DO DÍA
Xoves, 18 de Decembro de 2025
PODEMOS CAMBIAR?

Ola a todos, bos días. Imos comezar unha nova xornada. Recordades en que
tempo estamos? Pois si, estamos en Advento, levámolo lembrando toda a
semana. No advento os cristiáns propoñémonos cambiar algunhas cousas que
na nosa vida non funcionan ben: o noso xenio, cando somos vagos, cando
desobedecemos...
Quizais pensemos ás veces que isto é moi difícil cambialo, porque somos así.
Pero iso non é certo; na medida que nos propoñemos cambiar algo, e
poñemos todo o empeño e cariño do mundo, as cousas saen e somos capaces
de cambiar.
Convídote a pensar unha cousa que queiras cambiar no día de hoxe. Pon
todas as ganas do mundo e intenta conseguilo. Cando te vaias durmir, intenta
lembrar o que te propuxeches e ver se o fixeches realidade. Verás como te
sentes feliz contigo mesmo.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Somos capaces de cambiar cousas da nosa vida ou é moi difícil?
Como o podemos conseguir?

ORACIÓN

Grazas Xesús porque neste novo advento convídasnos a cambiar. É verdade
que temos cousas que debemos mellorar, é verdade que temos moitísimas
cousas boas.
Fainos capaces de aproveitar o bo que temos para ser felices cos demais, e
dános forza, para cambiar aquilo que nos causa problemas, tristeza.
GRAZAS XESÚS POR CONFIAR EN MIN.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!