OS DATOS DO DÍA
Luns, 15 de Decembro de 2025
ONDE ESTÁ O NADAL

Contan que no mar había un peixe eternamente insatisfeito. Quería saber onde estaba o océano e por máis que llo indicaban, non o vía. El só vía auga.

 

E nós? ¿Non somos coma ese peixe, á busca do que temos diante do nariz? Empeñámonos en buscar o Nadal onde non o podemos atopar: entre os regalos, os anuncios da propaganda, as comidas especiais, o gastar máis... e un longo conxunto de cousas que deixan o corazón máis baleiro que antes.

 

Sen embargo o Nadal é coma a auga do océano, que a temos tan preto que non a vemos. Desde que Deus se fixo home, é Nadal sempre que vivimos de acordo coa súa mensaxe, porque entón estamos a facer que Xesús se faga máis presente entre nós. 

 

Por iso é Nadal cando compartimos, cando perdoamos, cando pensamos nos outros, cando somos capaces de renunciar a algo noso para que os outros vivan mellor...

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Non deixes pasar estes días de Nadal enchéndote de cousas. O Nadal é algo máis.

* Que cres que podemos facer neste Nadal para que non se quede só no Nadal consumista?

ORACIÓN

Señor, achégase o Nadal,

a data máis feliz do ano.

Quero que esta vez me axude 

a sentirte máis achegado.


¿Serei capaz de facer algo polos demais?

¿Serei capaz de facer que na miña casa 

se sintan máis contentos comigo?

¿Serei capaz de facer que os meus amigos

me atopen diferente?


Non quero que este sexa 

un Nadal máis.  

Axúdame a vivilo como ti queres.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!