OS DATOS DO DÍA
Martes, 16 de Decembro de 2025
O SAPO E O VAGALUME

As fábulas son historias moi sinxelas nas que os personaxes son animais que simbolizan a forma de ser das persoas. A fábula do sapo e o vagalume di así:

O sapo, que vivía a carón do río, unha noite quedou fascinado ao ver como se achegaba cara a el unha luciña arrastrándose. Preguntoulle á luciña quén era e esta respondeulle que era sinxelamente un vagalume. O sapo tapou o pobre vagalume dun salivado, dicíndolle despois por toda explicación:

- ”Non o faría se ti non brillases”.

Que desapiadado, ¿verdade? Pois a ensinanza é moi sinxela: desgraciadamente desgústanos que os demais sobresaian, cústanos aceptar os seus éxitos e, pola envexa, que tanto nos custa recoñecer, non somos quen de aledarnos sinceramente cando un compañeiro triúnfa.

Na nosa clase non podemos tolerar iso. Ser bos amigos esíxenos estar nunha actitude de aledarnos con quen se aleda e de axudar a todos para que as cousas lles vaian ben.

Cando no Nadal felicites a alguén, dillo de corazón, e alédate de que sexa así. Non desaproveites as oportunidades para mostrar á xente que a queres.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Sentes envexa dalgún compañeiro?

* Alédaste sinceramente cando aos demais lles van ben as cousas? Por que?

ORACIÓN

Deus, amigo noso, 

dicímosche de corazón:


Dános entusiasmo 

para buscar a verdade onde se atope.

Dános a resignación

para aceptar as nosas limitacións.


Dános coraxe para loitar

cando todo nos sae mal.

Dános humildade

para recoñecer os nosos erros

e vontade para ser cada día mellores.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!