OS DATOS DO DÍA
Mércores, 17 de Decembro de 2025
BO... DE CORAZÓN

O Nadal é, normalmente, un tempo máis familiar: as persoas reúnense, os teléfonos soan máis que en calquera época do ano, as felicitacións multiplícanse... e a palabra que máis se repite é "felicidades".

 

Todos esperamos a chegada do Nadal, e non é para menos. Pero non fagamos del unha rutina. Que non digamos a ninguén "felices pascuas" sen pensar o que dicimos, que os nosos desexos sexan sinceros e sexamos capaces de traballar para que realmente as persoas sexan máis felices. 

Non custa tanto. O único que se nos esixe é non pensar só en nós mesmos e pensar tamén algo nos demais, nos seus problemas, nas súas situacións persoais e familiares.

  

Hoxe a nosa oración vainos lembrar os nosos seres queridos, a aqueles que lles desexamos de corazón "bo Nadal".

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Escribiches xa algunha tarxeta de felicitación? A quen?

* Pensa algo que queiras que desapareza do mundo para que todas as persoas sexamos máis felices.

ORACIÓN

Señor Xesús, que a túa chegada 

sexa un motivo de ledicia

para todas as persoas.


Queremos ver felices

os nosos pais, os nosos avós,

os nosos amigos, os nosos familiares.


Queremos ver felices a tódolos

que atopamos pola rúa.

Pero, Señor, Ti coñeces o noso mundo

e sabes que hai moitas cousas que van mal.


Axúdanos a facelas desaparecer.

Señor, que se acabe...

e fai que nós nos comprometamos

e colaboremos para facer un mundo mellor.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!