OS DATOS DO DÍA
Xoves, 18 de Decembro de 2025
ONDE NACERÁ XESÚS

María e Xosé tiveron que albergarse nunha cova porque ninguén lles deu un sitio mellor para que Xesús puidese nacer. De seguida pensamos no malos que eran os xudeus daquela.

 

Sen embargo, non nos decatamos de que iso está a ocorrer hoxe tamén. Temos unha gran facilidade para compadecernos das desgrazas alleas e ocupar na imaxinación o posto que nas películas ocupan os heroes. 

Qué doadamente criticamos os que non se comportan ben cos demais nas películas ou nas historias. Pero en realidade moitas veces non nos diferenciamos deles.


O Nadal repítese día a día. E non haberá un Nadal completo mentres haxa persoas que sigan vivindo en lugares insáns, en casas que están para derrubarse, debaixo das pontes ou nas mesmas rúas. Eles tampouco atopan pousada.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Cales son as necesidades máis importantes que existen na túa cidade?

* Lembras algún Nadal que viviras dun xeito especial porque nel fuches quen de compartir realmente?

ORACIÓN

Señor, dános uns ollos

capaces de ver as cousas como son.


Que descubramos ao noso redor

a todas as persoas que nos necesitan,

e non sexamos capaces de vivir

sendo felices en solitario.


Que atopemos a ledicia

cando acollamos os demais,

os que nos necesitan,

e que neste Nadal sexamos quen

de vivilo como Ti queres.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!