OS DATOS DO DÍA
Luns, 15 de Decembro de 2025
XESÚS ESTÁ ENTRE NÓS

Queridos amigos: Agradézovo-la vosa carta. Lina con Xosé e María. Non teñades medo de explicarme as vosas cousas por moi negras que vos parezan. Interésanme. Escribistes: "Non paga a pena que voltes porque moita xente non fai caso diso". Aquí si que vos trabucades de medio a medio. Teño que explicarvos dúas cousas: Unha, que xa estou entre vós, e outra, que case tódolos homes me buscan sen me atopar.

     Agora quérovos lembrar algunhas maneiras de celebra‑lo Nadal:

Cada vez que pensades nos outros, entendéde-lo Nadal. Cada vez que rezades e axudades a rezar, descubríde-lo Nadal. Cada vez que admirades e queréde-la beleza, a vida, a xustiza, a verdade, queredes e admiráde-lo Nadal.

Cada vez que te decides a perdoar, consolar, comprender, crear alegría, anticípa‑lo Nadal. Cada vez que descóbre-las túas miserias e as aceptas e contas contigo mesmo e comigo, deséxa‑lo Nadal. Cada vez que búsca-los pobres, os que non teñen nome, os necesitados, celebras e fas celebra‑lo Nadal.

Sodes suficientemente listos e boas persoas para continua-la listaxe e encontra‑la maneira de celebra‑lo Nadal, o meu Nadal, o voso Nadal.      

Saúdos para os voso pais, irmáns e amigos; para os avós e o máis abandonado do lugar. Estou con cada un de vós.

XESÚS.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Como podemos concretar na nosa vida a mensaxe de Xesús?

Tes en mente algunha cousa para celebrar como Xesús quere o Nadal?

ORACIÓN

Xa nos dixo Xesús: Onde está o voso lar,

onde está o voso Pai e os vosos irmáns.

Xa nos dixo Xesús: Que debemos amar

sen facer distincións ós nosos irmáns.

 

Amádevos como eu vos amei.

Amádevos como vos ama voso Pai,

que fai saí-lo sol sobre todos.

 

Non vos chamei servos, chameivos amigos.

Vós sóde-la luz do mundo.

Sede as miñas testemuñas

coas vosas obras e as vosas palabras.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!