OS DATOS DO DÍA
Martes, 16 de Decembro de 2025
CÓMO PREPARA LO NADAL (I)

Poucas cousas se necesitan para o Nadal. Non acabamos de comprende-los gustos de Xesús. María e Xosé aprendérono de contado. Despois de esmerarse en prepara‑lo berce para o neno, resulta que naceu nun PRESEBE.                          

     O berce de Xesús necesita unhas poucas táboas. Unha delas é a POBREZA. Celebrámo-lo nacemento dun Deus  que "sendo rico, fíxose pobre por nós"; un Deus que nace entre os marxinados, os últimos.

     A táboa da pobreza pódese encontrar, sempre que nos dirixamos cara ó Sur.

     A segunda táboa é a HUMILDADE. Celebrámo-lo nacemento de Deus que se anonada, faise neno nacido de muller. E festa só para os nenos. Quen non se faga neno, non pode celebra‑lo Nadal.

     A árbore da humildade a penas se atopa en nós. As nosas árbores son orgullosas, sempre queren elevarse máis, por enriba das outras árbores. A árbore humilde nunca se mira a si mesma para compararse; sábese puro don do ceo, da auga e da terra. Gústalle pasar inadvertida e case se identifica coa súa sombra imperceptible.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

A que táboas teriamos que prestar atención para prepara‑lo berce de Xesús?

Que entendemos nós, que non nos falta nada, por ser pobres e humildes nesta sociedade?

ORACIÓN

L. Buscarte día a día, hora a hora.

   Buscarte en soidade e compañía.

   Estudiar e rezar. Dialogar e traballar.

   Romperme no tallo da loita

   pola paz, a verdade e a xustiza.

T.Ti, a miña esperanza, óeme,

   Para que non sucumba ó desalento.

   Que me anime o teu exemplo.

L. Quero coñecerte máis e vivir ó teu carón.

    Cambia todo enteiro o meu corazón,

    e faime solidario cos necesitados.

T. Ti, a miña esperanza, óeme,

   Para que non sucumba ó desalento.

   Que me anime o teu exemplo.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!