OS DATOS DO DÍA
Mércores, 17 de Decembro de 2025
CÓMO PREPARA LO NADAL (II)

O nacemento de Xesús fíxose posible gracias á fe de María. Porque dixo "fágase", Deus bicou a nosa terra. Porque dixo "si", Deus abrazou a nosa carne. Deus fiouse de María, María fiouse de Deus. A terceira táboa para o berce de Xesús: a FE.

     Árbores crentes: os que se poñen nas mans de Deus. Non temen a poda ou os trasplantes, porque se fían do agricultor. Non temen o sol ou a tronada, porque se saben en boas mans.

     E a cuarta taboa é o AMOR. "Tanto amou Deus o mundo que lle enviou o seu propio Fillo". Ou sexa, que no principio foi o amor. Deus fíxose neno e pobre por amor.

A táboa do amor non pode faltar, porque é a que dá perfección e consistencia a tódalas demais. Co amor, a humildade cativa, a pobreza conmove, a fe transtorna.

     Árbores de amor. Son unha marabilla de acollida e doazón. Gozan se hai moitos niños nas súas ponlas, se os nenos xogan e ruben a elas; se poden cos seus froitos e a súa madeira alimentar e enriquece-los pobres, se poden servir de apoio a un ancián ou a un neno. Viven e medran pensando nos demais. Son árbores para os demais.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Como podemos prestar atención a estas táboas?

A fe e o amor son os motores da miña vida cristiá?

ORACIÓN

L. Tantos anos traballando na túa facenda,

   conversando contigo e comendo á túa mesa

   coma un máis da familia,

   e non sabemos nada de Ti.

T. Es, Xesús, un recén chegado,

    sendo tan cotián e tan achegado.

    Fai que te descubramos na nosa vida.

L. Non coñecémo-los sucos do teu rostro

   nin recordámo-lo timbre da túa voz.

   Non sabemos aínda a cor dos teus ollos

   nin aprendémo-lo ritmo do teu corazón.

T. Es, Xesús, un recén chegado,

    sendo tan cotián e tan achegado.

    Fai que te descubramos na nosa vida.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!