OS DATOS DO DÍA
Xoves, 18 de Decembro de 2025
O NADAL É DON

Se hai pobres ó teu lado, axúdaos. Nadal é don. Nadal é o don máis grande. (Ollo! Aquí non se dan cousas, dáse a persoa. Xesús dásenos totalmente e para sempre.

Se hai pobres á túa beira, non hai Nadal.

Se hai un pobre ó teu lado, comparte con el, ata facerte pobre coma el ou, se prefires, ata que os dous deixedes de ser pobres e cheguedes a ser libres.

Se hai pobres ó teu carón, ponte a servilos, axúdaos como se fosen o mesmo Neno do portal.

Endexamais poderás celebra-lo Nadal se non aprendíche-lo abecé da solidariedade.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Estás de acordo coas afirmacións que se fan nesta reflexión?

Por que?

Como pode ser "don" unha persoa coma ti?

En que consiste para ti ser solidario?

ORACIÓN

Que o espido atope vestido,

os famentos alimento,

os desolados nova esperanza,

felicidade e prosperidade duradeiras.

Que os camiñantes, inquedos

por ter estraviado o camiño,

poidan atopar compañeiros de viaxe.

Que os ceos dean a tempo as chuvias

para que os campos xermolen xenerosos.

Que os gobernantes procuren a paz,

e os pobos do mundo prosperen.

Pois mentres dure o universo

e en canto os seres vivos sigan con vida,

ata daquela tamén eu teimarei

por arredar do mundo a miseria.

(Oración budista)

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!