OS DATOS DO DÍA
Martes, 3 de Febreiro de 2026
IRMÁN, DINOS QUEN ES

Chámome Suso, son santiagués, considérome unha persoa como as demais. Quero dedicar a miña vida para axudar e educar os nenos e mozos.

            Un día sentín que Deus me invitaba a facer algo máis polos homes e quixen ser Irmán de la Salle. A miña ilusión é compartir a alegría, as penas, os problemas e as preocupacións dos demais. Convivir con eles e comprendelos e, sobre todo, axudalos para que poidan superar as dificultades que vaian tendo. Facerlles descubrir que a vida é fermosa, que se é máis feliz canto máis se serve e se ama os demais.

            E así, por isto, quixen deixalo todo:

   + O fundar unha familia, para poderme ocupar de cheo dos mozos.

   + O vivir apegado ao diñeiro, e así compartir cos pobres.

   + O vivir apegado a un lugar, estando disposto a ir onde sexa necesario.

      E unha cousa moi importante para min: fago todo isto xunto duns Irmáns cos que vivo en comunidade, amándonos, apoiándonos nas  dificultades, escoitando xuntos a Deus e axudando os nenos e mozos.

            Sempre atento ao que Deus me di e seguindo os camiños que realizaron Xesús e Xoán de La Salle.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Ti, que queres ser na vida? ¿Sabes que hai moitos millóns de persoas no mundo que necesitan da túa axuda?

Estas disposto a dárllela, aínda que non che poidan devolver o favor?

  

 
ORACIÓN

Señor, ven diante de nós,

para guiarnos;

ven detrás de nós para impulsarnos.

 

Ven debaixo de nós para erguernos;

ven sobre nós para bendicirnos.

 

Ven dentro de nós

para que te sirvamos

con todo o que somos e temos,

para gloria do teu nome. Amén.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!