OS DATOS DO DÍA
Mércores, 4 de Febreiro de 2026
DE ASTRONAUTA A ASTRONAUTA

A astronauta soviética Valentina Tereshova declarou nunha viaxe que fixo por Italia o seguinte: 

"Tódolos astronautas da Unión Soviética son comunistas e ateos. Ningún de nós viu no cosmos nin anxos nin arcanxos, e penso que os nosos colegas de Estados Unidos tampouco os viron no espazo".

Interrogado sobre esta declaración, o astronauta americano, Mc Divit, fixo a seguinte observación: 

"Paréceme que non hai diferenza entre aquí abaixo e alá arriba. Se vostede vive aquí nun trato de intimidade cos anxos e con Deus, tamén alá arriba vivirá esa intimidade. Se non sente vostede a súa presenza na terra, tampouco a sentirá na Lúa ou en Marte".

A astronauta soviética amosou unha absoluta ignorancia sobre as realidades sobrenaturais. Pero o maior interese desta anécdota será lembrarnos que temos que procurar vivir sempre a presenza de Deus en todo momento e lugar.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

      * Como sentes a Deus en relación coa túa vida? É algo achegado ou afastado de ti?        

      * Recórdalo ao longo do día ou cando vas realizar algo?

ORACIÓN

Famento de inquietude e de nostalxia

espera sempre Deus trala porta,

aguzando o oído aos meus clamores,

sorrindo, pois pode dar resposta.

Xa sabe o que quero e o que agardo,

aínda que o pida ás cegas;

pero quere o Señor que me axeonlle

e suba e baixe cen veces a escaleira.


Mudo parece Deus cando o chamo,

cando grito sen obter resposta,

e unha vez e outra vez fágome pregaria,

porque sei que nos xardíns da súa horta

hai mil flores plantadas para min:

porque sei que a miña oración a escoita Deus,

porque sei que o que busca sempre atopa.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!