OS DATOS DO DÍA
Luns, 16 de Marzo de 2026
O LEITE E A CALDEREITA

A filla dun granxeiro acababa de muxir as vacas e volvía á casa coa caldeireta
de leite na cabeza. Mentres camiñaba, ía pensando: O leite desta caldeireta,
proporcionárame nata; eu convertereina en manteiga e irei vendela ao mercado;
co diñeiro que me dean, comprarei ovos, dos que sairán pitiños que enchan
todo o curral; cando sexan maiores, venderei algúns e co diñeiro comprareime
un vestido novo co que irei ao mercado e todos os homes admiraranme e
namoraranse de min, pero eu direilles que non coa cabeza, sen comprometerme
con ningún. Esquecendo a caldeireta que levaba na cabeza, uniu a idea ao
pensamento e moveu a cabeza. Caeu a caldeireta e rompeuse, o leite
derramouse polo chan e os soños desvanecéronse. A nena chegou á súa casa
chorando polo que pasara, pediulle perdón a seu pai e el perdoouna pero coa
condición de que non volvese pasar. Ela non dubidou en dicir que sería máis
responsable e isto non se repetiría.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que facía a rapaza mentres levaba a caldeireta na cabeza? Por que chegou
chorando á súa casa?

ORACIÓN

Señor, hoxe a nosa clase quere pedirche que nos fagas ser máis responsables;
que o traballo feito, sirva para alegrarnos e para alegrar os demais;
Señor, axúdanos a saber esforzarnos e a ver que os demais tamén se esforzan
para conseguir ter un mundo mellor, onde as persoas saibamos vivir coa túa
presenza.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!