OS DATOS DO DÍA
Martes, 17 de Marzo de 2026
A RESPOSTA Á CARTA

Que pasou o último día?.. Pois si, os Irmáns escribíronlle unha carta a Xoán
Bautista. Agora tocáballe a Xoán Bautista responder. Que credes que fixo? Xoán
Bautista estaba feliz e contento en Parmenia. Alí non tiña dificultades, alí non tiña
problemas, alí non había xente que quería ir contra el. Pero... e os Irmáns? Deixáraos
abandonados? Que credes? Pois non, Volve á casa, volve ás súas escolas, volve cos
nenos... porque esa é a súa vida e porque o seu amigo Xesús, quere que estea con eles.
Os Irmáns recíbeno cunha gran festa e póñense moi, pero que moi contentos. Recíbeno
cos brazos abertos e todo volve ser coma antes. As escolas seguen crecendo e todos se
senten felices e contentos.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que che parece a decisión de Xoán Bautista? No noso cole: todos estamos felices e
contentos?

ORACIÓN

Amigo Xesús, hoxe estamos felices e contentos porque nolo contaxia Xoán Bautista de
La Salle. El descubriu que se pode ser feliz cos demais, que se pode ser feliz axudando
o outro, compartindo o mellor de nós mesmos cos demais.
Axúdanos, Xesús, a ser como Xoán Bautista, primeiro bos amigos teus e despois bos
amigos dos nosos amigos. Grazas Xesús. Grazas Xoán Bautista.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!