OS DATOS DO DÍA
Mércores, 18 de Marzo de 2026
O CONCURSO

Esta é a historia dun neno chamado Marcos. Desde pequeniño presentábase
cada ano a un concurso de pintura que facían nunha vila da costa, pero non
gañaba nunca. Un día, Marcos díxolle á súa mamá que non podía gañar o
concurso de pintura porque sabía que era un mal debuxante. A súa mamá
intentou facerlle ver que o máis importante era ter ilusión e ser creativo. Esas
palabras quedaron gravadas na memoria de Marcos e, cando chegou a hora de
presentarse ao concurso, con catro anacos de papel, un pouco de cola e un
pouco de cor, fixo un cadro diferente e xenial. E así foi como ese ano
conseguiu gañar o premio de pintura á mellor colaxe.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Que lle pasaba a Marcos? Como conseguiu gañar? Imos ser creativos e agora
imos falar co Señor. Aproveitemos este momento para dicirlle todos xuntos a
seguinte oración para que nos siga dando forzas para que a nosa educación non
se volva monótona, é dicir, que non sempre sexa igual. Para que aproveitemos
os nosos coñecementos para facer cousas novas e útiles.

ORACIÓN

Amigo Xesús, querémosche dar grazas por facer de nós persoas con
posibilidades de crear cousas novas e con ganas de aprender. Queremos que
seguindo os teus pasos saibamos ser creativos para facer todo o ben que
poidamos.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!