OS DATOS DO DÍA
Xoves, 19 de Marzo de 2026
VIVIR - ROZALÉN E ESTOPA

Despois duns segundos de tranquilidade, onde sentimos o corazón e a nosa
respiración relaxada, escoitamos unha canción que seguro coñecedes: “Vivir –
Rozalén e Estopa” Xesto: abrazos. Esta canción é un canto á vida. Convídanos
a ser valentes e a deixar todo o que vivimos durante estes meses atrás, a
aprender diso e a valorar o que realmente é importante. A proposta de hoxe é
moi sinxela, ou non. Pensa neses momentos nos que protestabas cando che
dicían que tiñas, por exemplo, que ir ao cole, facer os deberes, axudar a papá
ou a mamá con algo…

Hoxe convídote a que penses en algo que fixeses, que molestase a alguén e do que agora te arrepintes. Por exemplo; onte mandáronme recoller a mesa e protestei moitísimo, ou pelexei co meu irmán… Agora achégate a esa persoa “que molestaches” pídelle perdón e dálle unha
forte aperta. Xa que do malo aprendemos, deixámolo atrás, superámolo e continuamos pero xa coa lección aprendida (como di a canción). Non nos esquezamos de que esas persoas que son a túa familia, son as que realmente sempre van estar aí por e para ti. Por iso, convídovos agora a todos a darvos “unha aperta colectiva”. Un aperta desas que alegran o corazón, desas que nos emocionan, que apertan, que nos fan ser conscientes do moito que queremos e
nos queren.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Seguro que non me confundo e agora bótalos de menos,
aínda que só sexa un pouco verdade?

ORACIÓN

Todo ten o seu tempo e sazón, todas as tarefas baixo o sol:
tempo de nacer, tempo de morrer; tempo de plantar, tempo de arrincar o
plantado; tempo de matar e tempo de sandar; tempo de destruír e tempo de

construír; tempo de chorar e tempo de rir; tempo de facer dó e tempo de bailar;
tempo de lanzar pedras e tempo de recollelas; tempo de abrazar e tempo de
desprenderse; tempo de buscar e tempo de perder; tempo de gardar e tempo de
refugar; tempo de rachar e tempo de coser; tempo de calar e tempo de falar;
tempo de amar e tempo de odiar; tempo de guerra e tempo de paz. Que saca o
obreiro das súas fatigas?
Palabra de Deus

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!