OS DATOS DO DÍA
Luns, 16 de Marzo de 2026
POUCA COUSA É, PERO...(2)

Certo día, unha familia modesta quíxome regalar unha galiña. Sentíase debedora dun beneficio que lle fixera. Eu rexeitáballa amablemente. Mais cal sería a miña sorpresa ao escoitar dos seus beizos que eu non a quería aceptar porque era un agasallo pobre.

 

Máis pobre me consideraba eu que esa persoa, pois non souben adiviñar a carga de amor que puxera neste humilde regalo.

 

Os xudeus revolucionaron o sistema de rego por medio do gota a gota xunto ao tronco da árbore. Así, nin unha soa pinga de auga se perde. Gota que cae da goma, gota que ansiosa bebe a arboriña. 

 

Aí están os froitos do invento. Moitos países adoptaron o sistema. Gota a gota e con tempo por diante a pedra queda tamén furada.

 

A Coresma é tempo de conversión. A conversión de súpeto é bastante difícil; pero debemos facer que esta idea vaia calando, pouco a pouco, gota a gota, na nosa mente e no noso corazón.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Que medios concretos vas poñer para que os pequenos compromisos que tomaches nesta Coresma se fagan realidade?

* Que é o que máis che custa?

* Podes ofrecerlle a Xesús algunha renuncia, algo de valor?

    

ORACIÓN

O que escoita as miñas palabras 

e as pon en práctica,

direivos a quen se parece:


Houbo unha vez un home

que edificou a súa casa

sobre unha rocha firme.


Chegaron con forza as choivas,

viñeron as tempestades,

e a casa aguantou o vendaval,

porque tiña bos alicerces.


Señor, que poñamos boas bases

á nosa fe e á nosa vida cristiá. 

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!