OS DATOS DO DÍA
Martes, 17 de Marzo de 2026
O CIRCO AMBULANTE

Unha vez prendeu lume nun circo ambulante, logo de acampar nas aforas dunha aldea. 

 

Os artistas, que xa estaban vestidos para a actuación, puxéronse a apagalo e o director enviou o pallaso para pedir axuda aos aldeáns, pois as chamas podían non soamente destruír o circo senón poñer en perigo a aldea. 

 

O pallaso correu axiña á praza da aldea e informou a berros a todos para que viñesen axudar a apagar as lapas.

 

Os aldeáns riron e aplaudiron esta nova forma de atraelos ao  espectáculo.

 

O pallaso suplicou e insistiu en que non estaba representando un papel, senón que había lume e que tamén a aldea estaba en perigo. 

 

Canto máis rogaba máis rían os aldeáns, ata que o lume chegou, a través dos campos, ata a aldea mesma.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Interésaste polos problemas dos demais ou “pasas” de todo? 

* Que conclusión poderías sacar desta historia para a túa vida?

ORACIÓN

Moitas veces, Señor, 

non actuamos como debemos.

Botámoslle a culpa aoambiente; 

dicimos que son os amigos, ...


Todo pode cos nosos propósitos.

Señor, ten piedade da nosa rutina 

e da nosa covardía de cristiáns.


Queremos recoñecer que non  

podemos achegarnos a Ti

se vivimos de costas aos outros. 

Señor, fainos máis sensibles 

ós problemas dos compañeiros.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!