OS DATOS DO DÍA
Mércores, 18 de Marzo de 2026
DÍA DA ÁRBORE (21-III)

En varios parques e xardíns pode lerse ao pé das árbores unha placa  redactada así: 


"Ti, que pasas e levantas contra min o teu brazo, antes de ferirme, mírame ben. Eu son a calor do teu fogar nas noites frías de inverno. 

Eu son a sombra amiga que te protexe contra o sol estival. Eu son a viga que soporta o teito da túa casa, a táboa da túa mesa, a cama en que descansas.

Os meus froitos calman a túa fame e sacian a túa sede. Son o mango das túas ferramentas, a porta da túa casa. 

Cando naces teño madeira para o teu berce, cando morres, en forma de ataúde, aínda te acompaño ao seo da terra. 

Son pan e bondade, flor de beleza.

Se me amas como merezo deféndeme contra os insensatos". (R. Tagore)

As árbores son quizais os mellores amigos do ser humano. Abonda con abrir os ollos ao noso redor para comprobar que nos acompañan sempre, na primavera e no verán, no outono e no inverno, de día e de noite, na vida e na morte.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Sinala algunha pasaxe do evanxeo referente ás árbores e á natureza.

Como pensas que tratamos a natureza hoxe en día? Coidámola e respectámola, ou só nos aproveitamos dela?

Que poderiamos facer para coidala mellor?

ORACIÓN

Que fermosas están as árbores na primavera,

calladas de flores e follas as súas pólas,

agardando un futuro abondoso de froitos!

Das súas afincadas raíces

venlles a virtude ás pólas;

do chan no que se asentan

chuchan a humidade.

Do sol reciben a luz e a calor

do vento, aloumiños as súas follas.


Con que agarimo debemos coidar, 

Señor, da natureza que nos ofreces 

para gozo, habitación e alimento.

Graciñas por ela, bo Deus;

axúdanos a respectala e a amala.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!