OS DATOS DO DÍA
Xoves, 19 de Marzo de 2026
SAN XOSÉ, DÍA DO PAI (19-III)

É sorprendente que nos relatos evanxélicos non apareza nin unha soa palabra dita por S. Xosé. Sen embargo, San Mateu resúmenos a súa vida con estas palabras: "Era home xusto". Ser home xusto significa que a súa vida era acorde aos plans de Deus. 

Canto nos relatan os evanxeos del, así o confirman. A súa vida podemos resumila nestas palabras: "Deus manda e Xosé obedece". San Xosé está atento a canto acontece para descubrir o que Deus quere del.

Deus confioulle o coidado de Xesús e María, e Xosé afánase por salvalos de todo perigo e porque, dende a pobreza que lle toca sufrir, non lles faltase o imprescindible para vivir. Tivo en sorte amar os máis grandes amores para un cristián. Soubo xuntar ser santo e carpinteiro, educar a Xesús na fe de Israel, crear unha familia unida, feliz, sagrada.

Por todo iso, a súa festa é elixida para o "día do pai". Ninguén mellor ca el pode ser modelo do que é ser pai.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Sabes estar atento a canto te rodea e acontece no mundo para descubrir os plans de Deus sobre ti, como o fixo S. Xosé?

Na túa familia, sabes fomentar a unión, a paz de xeito que se asemelle á familia de Nazaret?

Traballas e estudas para formarte e poder estar logo preparado para construír o Reino de Deus?

ORACIÓN

Oh Xosé, o esposo de María,

fiel axuda de Cristo, Deus e home,

podente patrón da Igrexa,

luz e alento dun pobo camiñante.

Ti viviches anos silandeiro,

cepillando a pel da madeira

pasaches a vida como obreiro,

dende a albor ao solpor.

Día a día puxeches os teus esforzos

ao servizo de Cristo e da Virxe.

Oh Xosé, amante do traballo,

multiplica o ardor das nosas forzas.

Oh Xosé, pai bo da túa casa,

que amaches os máis grandes amores,

xúntanos como irmáns aos homes,

no único amor de Xesucristo.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!