OS DATOS DO DÍA
Luns, 16 de Marzo de 2026
TENTACIÓN DA FALSA SEXUALIDADE
INTRODUCCIÓN PARA O EDUCADOR

C O R E S M A

"Eu: Don Xoán". A seducción da carne ou o desexo sen amor, a procura dunha satisfacción xenital, sen referencia á persoa, a utilización do outro coma obxecto de pracer.

Á sexualidade quítaselle o seu dinamismo relacional, a súa capacidade de apertura ó outro, a súa fecundidade e trascendencia e queda baleira, enganosa.

Nada máis enganoso cá tentación da luxuria, que o promete todo, a felicidade plena, e queda en nada, un pracer groseiro e pasaxeiro, un pracer que se alimenta máis de cantidade que de calidade. E un pracer traicioneiro, porque non tarda en pasar factura.

Esta seducción é imperante e dominante, métesenos ata na sopa. Alíase facilmente co ter e mutuamente ofrecen os seus productos.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Como víve-la túa sexualidade?

Déixaste manipular e levar pola falsa sexualidade imperante na nosa sociedade consumista?

ORACIÓN

Necesítote a Ti, só a Ti!

Deixa que o repita arreo o meu corazón.

Os demais desexos que a cotío me embargan,

son falsos e vans ata as súas entrañas.

 

Como a noite esconde na súa escuridade

a súplica da luz,

na escuridade da miña inconsciencia

resoa este berro:

Necesítote a Ti, só a Ti!

 

Como a treboada está buscando paz

cando golpea a paz co seu poderío,

así a miña rebelión golpea o teu amor e berra

Necesítote a Ti, só a Ti!

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!