OS DATOS DO DÍA
Martes, 17 de Marzo de 2026
TENTACIÓN DA IRA
INTRODUCCIÓN PARA O EDUCADOR

C O R E S M A

"Eu: Xúpiter"; eu: Caín; eu: Napoleón; eu: león. A tentación da violencia, o ollo por ollo, a lei do máis forte, o instinto criminal.

Vivimos nunha sociedade violenta e agresiva; vivimos tensos e crispados. Para sobrevivir hai que pisar máis forte. Para que te respecten hai que ensina-los dentes.

Non se pode ir de pomba pola vida. Se ti non pisas, pisarante e daranchas nas dúas meixelas. Pois iso, ti o máis forte, o máis rápido, o máis duro: son os que triunfan a tódolos niveis.

Ai dos débiles e os pacíficos!

Incluso nas nosas relacións normais téntano-la ira; de seguida nos enfadamos, berramos e ameazamos. Calquera roce, e hai tantos!, prodúcenos unha ferida e gardamos xenreira e cultivámo-la vinganza. Temible este vermello demo. El convéncenos de que o home é un lobo para o home.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Como son as túas relacións na familia, cos compañeiros de clase, cos amigos...?

Es persoa pacífica, ou facilmente enxendras violencia alí onde estás?

ORACIÓN

Fai de min, Señor, un instrumento da túa paz.

Que onde haxa odio, poña eu amor;

onde haxa ofensa, poña perdón;

onde haxa discordia, poña unión.

 

Onde haxa dúbida, poña confianza;

onde haxa desesperación, poña esperanza;

onde haxa tebras, poña luz;

onde haxa tristura, poña eu ledicia.

 

Porque dando é como se recibe,

esquecendo é como se encontra,

perdoando un é perdoado,

e morrendo resucítase á vida que non coñece fin.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!