OS DATOS DO DÍA
Mércores, 18 de Marzo de 2026
DÍA DA ÁRBORE (21-III)

En varios parques e xardíns pode lerse ó pé das árbores unha placa  redactada así:

 

"Ti, que pasas e levantas contra min o teu brazo, antes de ferirme, mírame ben. Eu son a calor do teu fogar nas noites frías de inverno.

Eu son a sombra amiga que te protexe contra o sol estival. Eu son a viga que soporta o teito da túa casa, a táboa da túa mesa, a cama en que descansas.

Os meus froitos calman a túa fame e sacian a túa sede. Son o mango das túas ferramentas, a porta da túa casa.

Cando naces teño madeira para o teu berce, cando morres, en forma de ataúde, aínda te acompaño ó seo da terra.

Son pan e bondade, flor de beleza.  

Se me amas como merezo deféndeme contra os insensatos". (R. Tagore)

As árbores son quizais os mellores amigos do ser humano. Abonda con abri-los ollos ó noso redor para comprobar que nos acompañan sempre, na primavera e no verán, no outono e no inverno, de día e de noite, na vida e na morte.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Sinala algunha pasaxe do evanxeo referente ás árbores e á natureza.

Como pensas que tratámo-la natureza hoxe en día?

Coidámola e respectámola, ou só nos aproveitamos dela?

Que poderiamos facer para coidala mellor?

ORACIÓN

Que fermosas están as árbores na primavera,

calladas de flores e follas as súas ponlas,

agardando un futuro abondoso de froitos!

Das súas afincadas raíces

venlles a virtude ás ponlas;

do chan no que se asentan

chuchan a humidade.

Do sol reciben a luz e a calor

do vento, aloumiños as súas follas.

Con que agarimo debemos coidar,

Señor, da natureza que nos ofreces

para gozo, habitación e alimento.

Graciñas por ela, bo Deus;

axúdanos a respectala e a amala.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!