OS DATOS DO DÍA
Martes, 31 de Marzo de 2026
O TEMPO DE QUE DISPOÑEMOS

A xente refírese ao tempo de moi variadas maneiras:
Os árbitros deportivos levan conta do tempo; os presos cumpren o
tempo da súa condena; os músicos marcan ben os tempos do compás; os
historiadores estudan os feitos ocorridos en tempos pasados; os folgazáns
matan o tempo; os peritos en estatística anotan o tempo,...
A verdade é que todos nós dispoñemos do mesmo tempo. O día ten
unicamente 24 horas, e a semana 168. ¡Aproveitémolas!
¿Non che parece un bo consello?
A maioría do noso tempo pasámolo ou deberiámolo pasar cos nosos
libros. Ás veces cansamos, pero é o noso traballo.
Tamén usamos o tempo sobrante noutras moitas ocupacións e
diversións. Este tempo tamén habería que aproveitalo e aprender todo aquilo
que nos poida ser útil.
A vida é coma un gran libro que nos vai ensinando se estamos
dispostos a aprender dela.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

somos quen de nos comprometer a aproveitar mellor o tempo de clase?
* ¿Como cres que se pode aprender do libro da vida?

 
ORACIÓN

Señor Xesús, nós xa sabemos que,
xunto aos libros do colexio,
existe o gran libro da vida.
Ten páxinas en branco,
algunhas con rascaduras e escurecidas
pola guerra e a morte;
outras brillantes, cheas de esperanza,
como corresponde á xente que se axuda.
Señor, ¿de onde poderemos aprender?
¿Que poderemos escribir nós?
Estamos un pouco despistados,
pedímosche que nos axudes.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!