OS DATOS DO DÍA
Mércores, 1 de Abril de 2026
MIRANDO CARA AO INTERIOR

Sexa cal sexa o obstáculo, non te deas por vencido. Non existe atranco para quen quere chegar ata o final. De cando en vez convén entrar no interior dun mesmo e analizar cál é o noso comportamento. É bo que coñezas as túas propias aptitudes ou calidades e as túas limitacións para que saibas o que podes conseguir.

            Vouche axudar con esta enquisa: (Elixe unha resposta)

            1. Estabilidade emocional:

a) Teño frecuentes cambios de humor.

b) Son sincero e tranquilo.

c) Parezo frío e insensible.

            2. Forma de actuar:

a) Non penso o que fago e despois laméntoo.

b) Teño reaccións adecuadas.

c) Penso demasiado o que teño que facer.

            3. Constancia:

a) Non son constante nas miñas tarefas.

b) Son constante e á vez acepto cambiar cando convén.

c) Son tenaz mesmo cando se me aconsella o cambio.

            4. Colaboración:

a) Só colaboro cando me obrigan.

b) Colaboro voluntariamente.

c) Colaboro para chamar a atención.

            5. Forma de traballo:

a) Deixo as tarefas para o último momento.

b) Son ordenado e constante.

c) Traballo só cando me obrigan.

            6. Ante o relixioso:

a) Interésame moito.

b) Respéctoo.

c) Non me interesan as cuestións relixiosas.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

¿Cales destas calidades son as que máis valoras?

Sinala cómo a túa clase pode practicar as dúas calidades que cres máis  importantes.

ORACIÓN

Señor, Ti coñeces o meu íntimo.

Coñécesme mellor ca min mesmo.

Coñécesme cando me deito e me levanto.

 

Sabes o que son, quero e fago.

Antes de que pense ou proxecte algo,

Ti xa o coñeces de antemán.

 

Se miro no profundo de min mesmo,

alí te atopo.

Se subo ao alto, alí estás Ti.

Coñeces as miñas calidades e limitacións.

 

Axúdame, Señor, a coñecerme mellor.

Dáme forzas para corrixir os meus defectos. AMEN.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!