OS DATOS DO DÍA
Xoves, 2 de Abril de 2026
UN MUNDO FELIZ?

Hai un libro titulado "Un mundo feliz" que nos presenta a visión dunha sociedade posible para o futuro. Nela, o sistema social está baseado na orde existente entre cinco "clases sociais" con desiguais funcións, pero que elas aceptan grazas á "educación", ao condicionamento que sofren dende que saen das probetas (a familia non existe alí).

A comunidade (que case anula ao individuo), a identidade (pola que cada un acepta a súa propia "gradación") e a estabilidade social e económica (que impulsa un estilo de vida conformista e consumista) son os seus grandes lemas ou obxectivos.

Esta civilización non necesita a Deus, porque a técnica e o "soma"(novo tipo de droga inofensiva que fai esquecer a tristura e a soidade) colocáronse no seu lugar, solucionando os problemas que antes solucionaba Deus.

Aínda que realmente se pode falar dun mundo feliz, hai que dicir tamén que nel houbo que pagar un alto prezo pola felicidade e o benestar material: a perda da liberdade humana, xa que nesta sociedade non se pode pensar, nin sufrir, nin amar, nin admirar, nin crear beleza coa arte e a poesía..., é, en definitiva, a mesma deshumanización do home.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

* Paréceche necesaria a división en clases da sociedade para construír un mundo feliz? Ten sentido a vida do home sen Deus?

* Podemos ser humanos sen ser libres?

ORACIÓN

Unha cidade nova

construiremos nesta terra.

Unha cidade xusta

construiremos desta xeira.


Unha cidade de paz,

unha cidade de amor,

unha cidade xeitosa

construiremos.


Unha cidade moza

construiremos nesta terra.

Unha cidade máis humana

construiremos desta xeira.

Unha cidade de paz,...

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!