OS DATOS DO DÍA
Luns, 6 de Abril de 2026
CONVÉRTETE Ó SER
C O R E S M A

 

O ser é vida e felicidade. Cando sénte‑la túa vida interior, cando te sentes medrar, cando cápta-la faísca creadora, cando te centras no amor, cando captas e compárte‑la vida cos demais, cando te abres á vida en xeral, camdo te adentras no misterio vital, entón enténde-lo que é a liberdade e o gozo de existir.

O que "é", sente, vibra, crea, crece, ama, vive. E vida en calidade. Crucifica o "ter". O ter é apego, endurecemento, idolatría. O ter préndete as cousas e deshumanízate. Pode que gañes vida en cantidade, pero pérdela en calidade.

O ter é un ídolo que esixe un culto de alto prezo a cambio de nada. En adiante, non terás ti as cousas, serán as cousas as que te teñan a ti. (Escravo! Crucifica a ansia de ter, a avareza, a cousificación da vida. Entón poderás ser, e poderás ter cousas, pero redimidas, como medio, non como fin, e serás libre.

Din que é bo darse unha volta polo Corte Inglés, para decatarte das cousas que non necesitas para ser feliz. Porque feliz non é o que máis ten, senón o que menos necesita.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Ti es importante polo que es, non polo que tes.

Sénteste atado polas cousas?

Que terías que deixar para ser máis libre?

ORACIÓN

Señor, luz para tódolos homes:

ten compaixón de nós,

que avanzando en medio de tebras

imos na busca do teu resplandor.

Abre os nosos ollos

para que poidamos acercarnos,

iluminados pola fe,

a contempla‑lo teu rostro.

 

Fai que vivindo como fillos da luz,

resplandeza en nós a túa bondade,

feita de xustiza e verdade,

que debe de facernos traballar día e noite

na construcción do teu Reino.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!