OS DATOS DO DÍA
Martes, 7 de Abril de 2026
CONVÉRTETE Ó AMOR
C O R E S M A

A vida, a felicidade e a realización do home están no amar, no sentir, e no compadecer, no compartir e no vivir Acon e para@ os demais. O noso vivir é convivir e comunicarse. Con isto facemos presente a Deus, sacramentalizándoo na nosa vida.

O home defínese máis coma un animal que ama que coma un animal que pensa. Vivir en solidariedade é calidade de vida, porque o outro é para ti complemento, estímulo, fonte da túa propia personalidade.

Crucifica o egoísmo e o individualismo. Rompe esa tendencia a encerrarte en ti mesmo. Crucufica o narcisismo, que te converte nun ser infantil e estúpido, e o individualismo que te converte nun ser odioso e receoso.

O egoísmo insolidario é tamén inxusto, por non ofrecer ós demais o que teñen dereito a recibir de ti. Debes comparti‑los teus bens e os teus alentos, que para iso se che deron.

Convértete desa cómoda postura egocéntrica e insolidaria. Sal do teu refuxio e ponte en camiño, cos ollos, as mans e o corazón ben abertos; axiña atoparás compañeiros de viaxe e homes tirados nunha fochanca; non péche-los ollos e pases de longo; achégate, compadécete, solidarízate. Aprende a ledicia de compartir.

 

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

É tempo de "erguerse" e poñerse en camiño, superando posturas; é tempo de amar.

Hai tempo que estamos sentados ou deitados?

Cara a onde diríxe‑los teus pasos?, cara ó egoísmo ou cara ó amor?, ou cara a ningures?

 

ORACIÓN

Señor, coñéce-la túa masa.

Sabes que somos de arxila.

 

O pecado angústianos.

Non podemos librarnos del.

Ti acéptasnos como somos.

Sentes tenrura cara a nós.

 

Podemos comezar de cero

cada día, cada hora.

Non abandones, Señor,

a obra das túas mans.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!